Monday 06 de May de 2024

O BNG conmemora do Día da Galiza Mártir o vindeiro martes 16 de agosto.


Como cada ano no arredor do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, a Praza da Liberdade de Nós acolle un acto para romper coa imposición dos silencios da (des)memoria e recuperar á luz do día e do futuro voces, historias e persoas que loitaron por e para a liberdade. Este ano imos conmemoralo o martes 16 ás 20 horas no que queremos honrar a memoria de Julio Teijo Fernández, panadeiro e militante da CNT paseado en setembro de 1936 na canteira de Herves, a súa prometida María Carreira Miragaya, morta de tuberculose meses despois , vítima dunha represión non visíbel e a Julio Sanz Martín,practicante da Mariña e alférez de fragata, preso no cárcere da Coruña, entregado ás “Fuerzas Armadas” o 22 de outubro e atopado nunha cuneta en Tatín, Ouces (Bergondo).

Teremos, como cada ano, música, poesía contando con Bea a de Estrella, cantautora e Teresa Ramiro, poeta e percebeira, entre outras colaboracións.

Ti sabes que todos os días
hai un home morto na cuneta,
que ninguén coñece aínda.
Unha muller sobre o cadáver do seu home chora.
(…)

Luis Pimentel. “Cunetas” (publicado no 1966)